Logo

Galicia Confidencial

  • Proxecto
  • Xornalismo Sustentable
  • Preguntas
  • Archive
  • RSS

GC consolídase como o diario electrónico máis lido

A revista Código Cero acaba de publicar unha nova edición do seu “TOP 100” de páxinas galegas. Galicia Confidencial (GC) segue a ocupar o primeiro posto entre os diarios electrónicos escritos no idioma propio do país.

En todos os diarios editados na autonomía GC ocupa o quinto posto, só por detrás de La Voz, Faro, El Correo, La Opinión e Galiciae (que reune todos os diarios de Grupo el Progreso)

No referido ás redes sociais, GC suma case 14.000 seareiros, situándose de novo como primeiro dos xornais en galego, e cuarto na clasificación xeral:

image

De media, cada día uns 5.000 usuarios únicos consultan GC. Pero hai xornadas, como este mércores, nas que a audiencia se dispara até os 14.000 usuarios.

En galego máis alá do Día das Letras

GC pronto cumprirá dez anos. Unha década informando de xeito independente e -a diferencia doutros medios que só publican en galego o 17 de Maio- apostando cada día polo galego como unha ferramenta plenamente válida para construír un medio profesional. 

GC dá os parabéns a todos os medios en galego que, pouco a pouco e sen axudas públicas, van gañando público e facéndose cun espazo de seu no sector dos medios en Galicia.

Quen financia GC?

Este xornal non recibe axudas públicas. Mantense exclusivamente a través da publicidade -cunha das tarifas máis competitivas da Internet galega- e, sobre todo, da contribución dos seus lectores.

O equipo de GC agradece a confianza do público e fai un chamamento a súa colaboración para seguir mantendo aberta esta fiestra de información libre e en galego.

image

  • 5 days ago
  • Permalink
Share

Short URL

TwitterFacebookPinterestGoogle+

Axudar ao GC é agora máis doado e rápido

Dende hoxe e até o verán, Galicia  Confidencial   (GC)  plublicará unha reportaxe de investigación cada semana. A primeira entrega é sobre as adxudicacións da Deputación de Pontevedra a unha empresa da familia do presidente, Rafael Louzán.

A reportaxe deste luns -e as próximas- son de acceso en primicia para os gcpluseiros, os internautas que axudan ao mantemento económico do GC.

10 euros todo o ano para parados e estudantes

GC reformou esta semana o funcionamento e deseño do GCplus, que agora é máis simple, rápido e seguro.

Os prezos seguen a ser moi reducidos. Un pode facerse gcpluseiro dende 48€ por todo o ano e 30€ por seis meses. Parados e estudantes, todo o ano por só 10€.

Presentamos tamén nova información sobre a filosofía do GCplus, o equipo que fai GC e as vías de contacto.

O xornal electrónico máis veterano e máis lido

GC é o e- diario en galego que leva máis tempo na Rede, pois leva informando de xeito ininterrumpido dende 2003. Nesta década convertiuse no medio de información xeral en galego máis visitado da Internet.

GC financiase exclusivamente a través da publicidade e, sobre todo, grazas as contribucións dos seus lectores mediante o GCplus.

image

  • 1 month ago
  • 1
  • Permalink
Share

Short URL

TwitterFacebookPinterestGoogle+

As novas sobre narcos duplican o tráfico de GC

O equipo de GC quere agradecer a atención prestada polos lectores nestes días. As informacións elaboradas por este diario despois de que El País adiantase as imaxes do presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado están a ter unha enorme difusión.

Esta semana GC superou as 20.000 páxinas vistas por xornada e os 10.000 visitantes. Isto significa  duplicar o volume de tráfico que nestes meses tiña GC.

A audiencia do GC, clave para difundir as noticias 

Resulta especialmente grato comprobar que o aumento débese en boa medida á labor do público, que difunde nas redes sociais das informacións de GC. Algunha delas, como a noticia sobre os contratos de empresas de Dorado coa Xunta sobrepasan as 1.000 recomendacións no Facebook.

Arestora GC suma máis de 7.430 searieros no Facebook e máis de 6.500 no Twitter, converténdose no xornal galego más seguido nas redes socias tras La Voz e Faro.

Estamos a investigar os datos aportados polos lectores 

GC tamén dá as grazas a audiencia tamén polas informacións sobre as relacións de militantes do PPdeG co narcotráfico, algunhas das cales xa investigou e publicou e outras que está a contrastar.

Con todo, para completar este traballo, GC fai un chamento ao seu público para que colabore economicamente.

A labor de investigación xornalística non se pode realizar sen investir moito tempo e diñeiro.

Consciente da difícil situación económica que pasan a práctica totalidade dos galegos, GC abriu recentemente a posibilidade de sumarse ao GCplus por só 10 euros todo un ano para parados e estudantes. Tamén existe a posibilidade de donar calquera cantidade.

Os gcpluseiros, ademais de reportaxes de investigación exclusivas, reciben periodicamente invitacións a participar en promocións e sorteos.

Pola vosa contribución a manter aberto este medio en galego como unha fiestra independente e fiscalizadora de calquera abuso dos poderes dámosvos as grazas por adiantado.

Sen vós non sería posible!

image

    • #narcos
    • #periodismo
    • #gc
    • #galicia
    • #galiza
    • #feijoopagalanieve
    • #pp
    • #marcial dorado
    • #corrupción
  • 1 month ago
  • Permalink
Share

Short URL

TwitterFacebookPinterestGoogle+

#OnosoDerbi en GC Deportes

GC dá un pasiño máis na súa estratexia de comunicación nas redes sociais e estrea a conta en Twitter para a súa sección de Deportes (@GcDeportes), que se suma ás que xa temos de @Gconfidencial e @GcTendencias. Facémolo para festexar tamén a celebración do gran derbi do fútbol galego que se xogará este venres, 15 de marzo, no estadio de Riazor, na Coruña.

Os reporteiros de GC informarán en tempo real de todo canto aconteza antes, durante e despois do partido entre o Deportivo e o Celta, e logo prepararán as crónicas do encontro que serán publicadas no noso xornal. 

Este derbi terá un sabor especial, pois pasaron case sete anos dende o último enfrontamento entre herculinos e celestes en Riazor en Primeira. Daquela, o Celta gañou 0-1 na súa última visita a Coruña na máxima categoría, na temporada 2006/2007. 

Mais este derbi tamén estará aderezado pola paixón extra que engadirán os afeccionados de ambos os dous equipos debido á crítica situación que viven no fondo da clasificación, en postos de descenso. Deportivo e Celta necesitan a vitoria; un empate non lles valería de nada e por iso se presume que o derbi deste venres vai ser dos máis emocionantes dos últimos anos.

O equipo de GC quere convidarvos a seguir a nosa conta de GC Deportes en Twitter, onde #OnosoDerbi terá un protagonismo especial. Mais tamén o van ter outros acontecementos deportivos que iremos narrando ao longo do ano tamén en tempo real, tanto de fútbol como doutras disciplinas.

Esta conta en Twitter tamén centralizará toda a información de deportes que publiquemos en GC cada día e atenderá as peticións de seareiros e clubes de todo o país.

Dende GC queremos desexarvos unha longa estancia en Primeira División aos seareiros do Deportivo e do Celta e agardamos que o partido do venres sexa unha gran festa do fútbol galego.

  • 2 months ago
  • Permalink
Share

Short URL

TwitterFacebookPinterestGoogle+

Entradas e discos gratis do concerto-homenaxe a Zënzar

Zënzar, a banda de rock en galego máis veterana do país, celebra o seu 25 aniversario na Sala Capitol de Santiago. GC quere unirse á homenaxe ao grupo do que é cantante o noso colaborador Xosé Bocixa (Tingalaranga Audiovisual) regalando dúas entradas para a actuación do día 8 de abril e dous CDs de “Vai polos padriños!” o disco tributo no que colaboran unha ducia de artistas do país.

image

Read More

  • 2 months ago
  • Permalink
Share

Short URL

TwitterFacebookPinterestGoogle+
Page 1 of 9
← Newer • Older →

About

Portada GC >>


A información de interese para Galicia desde 2003

Me, Elsewhere

  • @Gconfidencial on Twitter
  • Facebook Profile
  • Gconfidencial on Youtube
  • RSS
  • Random
  • Archive
  • Mobile

© 2012 GC.

Effector Theme by Pixel Union